Preséntase publicamente a campaña 35.000 para os 3 do Eixo

Lois Calvelo

Lois Calvelo nun momento da súa intervención

Na mañá deste martes na Libraría Couceiro de Santiago, Lois Calvelo e José Manuel Bocija, portavoces da Plataforma polo Indulto aos tres do Eixo, explicaron a urxencia e a necesidade de apoiar economicamente a Simón, Xesús e Xosé.

Calvelo quixo facer un “chamamento a toda a cidadanía e tamén aos partidos políticos, sindicatos e asociacións de veciños e ao asociacionismo e á cidade en xeral para conseguir xuntar estes 35.000 euros” que teñen que desembolsar en concepto de xuros de mora e que se xuntan aos máis de 156.000 euros que xa teñen pagado, sen contar os custes económicos de caracter persoal como os desprazamentos.

A recadación do diñeiro estivo funcionando nos últimos meses “mediante o boca a boca ou recollida en actos masivos como na manifestación que organiza o BNG polo día da Patria ou no propio Festigal” ademais “tamén se foi convidando a diferentes persoas a ir facendo as súas achegas a través do número de conta 2091 0348 12 3040012185 da Caixa Galiza”.

Aviso de embargo

Agora o que se pretende “é amplicar o eco desta campaña a través dos médios, vía SMS, da rede,… co único fin de que se acelere a recadación dos cartos, posto que chegou xa o aviso da Audiencia Provincial da Coruña coa ameaza de embargo dos seus bens e salarios”, engadíu Calvelo.

Esta situación  é absolutamente insostibel para a súa economía e están abocados a un inminente embargo das súas vivendas e salarios se non satisfacen este pagamento en dez días. É, pois, moi urxente a solidariedade de todos nós para que isto non aconteza.

Deixar un comentario

Arquivado en 35.000, Apoios

Deixar un comentario